Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Noia celebra os meses das letras con premios para os lectores

Dende a concellería de Cultura tratan de fomentar a lectura con diferentes iniciativas

Noia. Os meses de abril e maio están tradicionalmente asociados ás letras, e a concellería de Cultura de Noia ten moitos motivos para festexalos. Entre outros, en abril celébranse o Día do Libro e os aniversarios dos nacementos de Antón Avilés de Taramancos e de Xosé Agrelo; e en maio, o Día do Cómic e o Día das Letras Galegas. Tamén en maio, lembran o pasamento de María Mariño e o centenario do falecemento de Emilia Pardo Bazán.

Por iso, durante estes meses poderanse recoller diversos libros de agasallo na casa da cultura da vila: a antoloxía da obra poética de Antón Avilés de Taramancos; Baixo o signo da bipolaridade. A poesía de María Mariño Carou, ou Poemas postistas- Poemas do vento de Manuel Fabeiro, entre outras moitas obras.

Trátase dunha iniciativa organizada en conxunto pola biblioteca pública de Noia e a casa da cultura da localidade, que nace coa intención de fomentar a lectura.

Por outra banda, segundo anunciou o edil de Cultura, José Pérez, o Concello tamén premiará aos mellores lectores e lectoras da biblioteca municipal. Co mesmo obxectivo, o de promocionar a lectura entre os usuarios, créase un recoñecemento para galardoar ás persoas que realicen máis préstamos durante o 2021. Xa o 11 de xaneiro do vindeiro ano, Día do Usuario das Bibliotecas, dende o citado departamento contactarán cos tres gañadores, que recibirán un vale de 70, 50 e 30 euros, para gastar en libros nas librerías do Concello, e un diploma. m.c.

29 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.