Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Noia convoca o certame de relato de aventuras Avilés de Taramancos

NOIA. O Concello de Noia vén de convocar a XX edición do certame de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos, ao que poden concorrer todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade, cun traballo en galego de temática libre, inédito e encadrado no relato de aventuras. A obra, cunha extensión entre 70.000 e 100.000 caracteres, presentarase por cuadriplicado en exemplares separados, mecanografados por unha soa cara, debidamente grampados, cosidos ou encadernados sen firma, cun lema e utilizando o sistema de plica. Establécese un único premio de 3.000 euros, ademais dunha escultura conmemorativa do artista noiés Alfonso Costa, e a publicación da obra gañadora. O prazo para presentar os traballos finaliza o 15 se setembro, e o xurado emitirá o seu veredicto na segunda quincena de decembro. m. c.

13 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.