Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 21 septiembre 2021
09:50
h

Non admiten a trámite a denuncia de Rianxo contra Naturgy polo incendio

Rianxo. A Plataforma pola Defensa do Monte informou en relación á demanda por responsabilidade interposta ás empresas Naturgy e Elecnor SA polas comunidades de montes de Araño, Asados, Burés, Isorna e Leiro, afectadas polo incendio do 25 e 26 de marzo de 2019, e á cal se incorporaron máis de 50 propietarios particulares, que o Xulgado de Primeira instancia número 3 de Madrid vén de notificar a non admisión a trámite da demanda nos termos inicialmente formulados na mesma. Cuestionan “o carácter indeterminado da contía do valor a reclamar polos efectos do lume. Para nós esa é precisamente a materia a esclarecer no procedemento, para xunto con ela esclarecer o alcance da responsabilidade civil que Naturgy e Elecnor teñan sobre as causas dese lume”, explicaron desde o citado colectivo. Xa presentaron recurso. m. t.

12 jul 2021 / 20:42
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.