Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Nova alianza dos bateeiros co instituto Félix Muriel

Rianxo. O pasado ano, a Asociación Mexilloeira Rianxeira poñía en marcha un novo proxecto ao abeiro das axudas do GALP Ría de Arousa e o Fondo Europeo Marítimo e da Pesca co que pretendía mellorar as súas labores e funcións diarias, favorecer as relacións cos clientes e proveedores, enxalzar o sector bateeiro e poñer en valor o seu produto. Despois dunha primeira fase para adecuar os puntos de control nos portos cos que conta a entidade ou mellorar os equipamentos informáticos cos que traballa, chega unha segunda anualidade na que o traballo en rede a nivel local e os estudantes do IES Félix Muriel serán os verdadeiros protagonistas.

O alumnado de 1º de Bacharelato participará neste proxecto a través de sesións de divulgación no centro educativo e visitas co sector coas que coñecerán o traballo dos bateeiros e o seu produto.

As sesións versarán sobre contidos relativos á morfoloxía e histoloxía dos tecidos do mexillón para velos ao microscopio, saber que é a miticultura, coñecer as mareas vermellas, os tipos de contaminación... Ademais, facendo uso da súa cercanía coas novas tecnoloxías, o alumnado elaborará pequenas pezas audiovisuais coas que dar a coñecer o sector na Rede. s.s.

18 ene 2022 / 18:45
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.