Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Nova travesía en catamarán ás illas Cíes o sábado día 25 dende A Pobra

O prezo da viaxe, que inclúe ruta guiada, é de 25 euros para persoas adultas e 15 para nenos

A Pobra. O vindeiro sábado día 25 de setembro terá lugar unha viaxe en catamarán ás illas Cíes, pertencente ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas, con saída dende A Pobra do Caramiñal. Trátase da sexta travesía en catamarán configurada para este ano no marco do acordo de colaboración que suscribiron, por terceiro ano consecutivo, a concellería de Turismo, da cal é titular a edil Charo Varela, e a empresa Piratas de Nabia.

A saída está programada para as 09.30 horas dende o municipio e o regreso establécese para as 18.30 horas dende as Cíes. O prezo da viaxe, con ruta guiada incluída, estipúlase en 25 euros para as persoas adultas e en 15 euros para nenos e nenas.

As reservas deben formalizarse con antelación a través da páxina web www.piratasdenabia.com ou do teléfono de contacto 986 320 048.

Tamén se pode solicitar información e resolver dúbidas en www.apobra.gal/turismo ou no 687 482 835. A empresa xestionará directamente a tramitación das autorizacións de entrada ao citado parque marítimo-terrestre.

CICLO SONS DA VILA. Por outra banda, a concellería da Cultura, xunto coa produtora Silencio Roto, atópase reprogramando algunhas das sesións musicais enmarcadas no ciclo Sons da Vila que non se puideron levar a cabo en agosto pola situación epidemiolóxica. Así, continúa este domingo día 12, ás 21.00 horas, coa actuación de Alba & Loren na rúa Unión, no Cantón da Leña. s. souto

12 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.