Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Novos cursos de cociña en Boiro

Boiro. O Concello de Boiro ofrece formación en operacións básicas de cociña e de restaurante e bar de nivel 1, correspondente ao plan de Accións Formativas para Desempregados (AFD) que se vai desenvolver. Os cursos que se van impartir están dirixidos a persoas traballadoras desempregadas.

A formación inclúe módulos transversais para a inserción laboral, a sensibilización ambiental e a igualdade de xénero e tamén sobre a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. Haberá tamén un módulo de prácticas profesionais non laborais en empresas da comarca.

O vindeiro día 22 de outubro comezará o curso para acadar o certificado de profesionalidade en operacións básicas de cociña, de 368 horas de duración e no que poden participar un máximo de 15 alumnos e alumnas. Para participar nos cursos, as persoas interesadas deben inscribirse como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia.

O Concello ofrece esta formación ao abeiro dunha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade.Toda a información pode consultarse no departamento de Orientación Laboral ou chamando ó número 981 842 609. s. s.

28 sep 2021 / 15:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.