Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O BNG acada un compromiso unánime no Parlamento para reforzar a plantilla do centro de saúde de Ribeira

O BNG acadou este xoves no Parlamento de Galicia un acordo unánime para repoñer “de inmediato” o número habitual do persoal sanitario no centro de saúde de Ribeira. A iniciativa foi defendida pola deputada Rosana Pérez e reclamaba repoñer “de maneira inmediata” o número habitual do personal sanitario, reforzar o cadro de persoal ante as necesidades derivadas da pandemia, subtituír as baixas do persoal e buscar, “sen dilación” alternativas a falta de espazo no centro no que atinxe ao PAC.

Na defensa da iniciativa nacionalista, aprobada por todos os grupos parlamentarios, a deputada do BNG insistiu na necesidade dunha asistencia sanitaria de calidade, o que sitúa aos centros de saúde na porta de entrada do sistema sanitario. Actualmente, esa atención é telefónica e a poboación desta comarca “non está atendida como debera”, sentenciou.

Por outra parte, explicou que no consultorio de Corrubedo, dos dous profesinais, un accedeu ás vacación “tras dous anos”, polo que a Consellería decidiu trasladar a esa parroquia un dos médicos do centro de saúde de Ribeira, “xa precario na súa dotación de falcultativos”, dixo.

“Neste centro é necesario que 9 médicos ou médicas atendan pola mañá e 5 pola tarde, ademais de 4 pediatras, pero a realidade é que no mes de decembro dos 9 facultativos da mañá quedaron entre 5 ou 6 e moitas veces, 3 ou 4. Na quenda da tarde, dos 4 pediatras só había 2 e unha delas consultando dúas tardes á semana e outra tarde cubríase cun profesional que procedía de outros centros da comarca ou do hospital da Barbanza”, engadiu.

Segundo explicou, esta situación provoca que o centro de Riberia non conte con pediatra durante dúas tardes á semana, “algo que tamén se produce no centro da Pobra dende hai moito tempo. Os nenos e nenas desta localidade están sendo atendidos no centro de Ribeira e Boiro”, sinalou Rosana Pérez.

A deputada do Bloque sumou á falta de facultativos “un defícit de persoal non sanitario que engade un novo prexuízo ás persoas citadas e no caso do colectivo de enfermería, a Consellería de Sanidade marcou unha directriz para que non se cubran as ausencias”, denunciou. Neste sentido, engadiu que neste momento non está garantido que un enfermeiro ou enfermeira realice o seu labor co facultativo.

Segundo a deputada, no centro de Ribeira o recorte de persoal é “escandaloso” pero tamén hai un problema “gravísimo” co espazo. Sobre esta cuestión explicou que o PAC contaba con dúas salas, pero a Consellería decidiciu habilitar unha máis suprimindo un almacén que foi trasladado á sala de reunións do persoal.

Finalmente, a deputada nacionalista tamén se referiu ás deficiencias do hospital da Barbanza e pedíu un compromiso do PP “para paliar os recortes acumulados durante os gobernos populares” e denunciou o estado da unidade de endoscopias do complexo.

11 feb 2021 / 15:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.