Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O BNG volverá reclamar a titularidade da illa da Creba

Pedirá explicacións ante a Xunta sobre as actuacións levadas a cabo nesta paraxe // Buscan “que o que foi do pobo volva a el”

O Bloque Nacionalista Galego volverá a reclamar no Parlamento de Galicia a recuperación da titularidade da illa da Creba, en Esteiro. Ata alí se desprazaron este xoves a deputada Rosana Pérez; o impulsor da Plataforma pola Recuperación da Illa da Creba, Rodrigo Molinos (Bolato), e a edil do BNG no Concello de Muros, Maruxa Martínez.

“Estamos preparando outra vez toda a maquinaria para defender, reclamar e esperemos que chegar a obter outra vez a titularidade da illa da Creba, que está en mans privadas dende hai cen anos. Queremos retomar todos eses esforzos que levan parados desde o 2007 a nivel institucional”, avanzou Martínez, quen asegurou que dende o BNG de Muros “estamos poñendo todos os nosos esforzos para que o que foi do pono volva a ser do pobo”.

Neste sentido, a mobilización veciñal xa está en marcha. Bolato explicou que a plataforma pola defensa da Creba creouse hai 15 días e nela “estamos involucrados a veciñanza de Esteiro, así como todos aqueles que queiran asinar para a recuperación da illa”. Indicou que todo o mecanismo activado responde a unha única cuestión: “traer a illa ao noso porque é nosa. E dende esta plataforma imos a continuar recollendo firmas para entregalas nos organismos competentes”, afirmou.

Todo este movemento social será acompañado dende o Parlamento galego, segundo anunciou a deputada nacionalista, quen lembrou que este ano “fanse xustamente 100 anos desde que a illa da Creba se inscribira no libro do rexistro da propiedade correspondente, cursiosa e sorprendentemente, ao Concello de Outes, cando dous anos antes, en 1920, o propio deslinde dicía que a illa era do Concello de Muros”.

Durante todo este tempo pasaron moitas cousas nesta paraxe e agora dende a formación frentista “dispoñémonos a preguntar e a obter todos os datos para que se nos diga se todo o que se vén facendo, sobre todo dos anos 80 para adiante, consta e ten as autorizacións e os permisos correspondentes”, dixo.

As iniciativas que presentaron no Parlamento este xoves englóbanse en tres peticións: que a Xunta inicie os trámites para recuperar a titularidade pública da illa; que elabore un informe sobre as obras, actuacións e actividades que se levaron a cabo alí nos últimos anos e si dispoñen das autorizacións pertinentes; e que se realicen os estudos correspondentes para concluír se se pode englobar en algunha figura medioambiental de protección esta zona. O BNG adianta que as iniciativas chegarán tamén ao Congreso.

20 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.