Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O centro médico rianxeiro acolleuse ó sistema de reasignación de cartillas por praza vacante

Rianxo. O centro de saúde de Rianxo aplica xa as medidas retributivas e de mellora no seo do Plan de Ordenación de Recursos Humanos de Atención Primaria. Esta reordenación garante que os usuarios dun cupo sen facultativo asignado dispoñan dun novo médico cun horario de atención ampliado. Pretende, con isto, garantir a lonxitudinalidade da Atención Primaria e fíxose posible grazas á vontade dos médicos de familia do centro de Rianxo.

O acordo pactado na mesa sectorial de negociación do persoal estatutario, entre a administración sanitaria e as organizacións sindicais, recolle que, cando por indispoñibilidade de persoal médico de familia, non sexa posible a cobertura dunha praza vacante cun nomeamento interino, poderanse distribuír as cartillas asignadas a esta praza entre o persoal que acepte un incremento de cupo. Para a atención deste incremento, máximo de 300 cartillas, establécese unha prestación adicional de xornada de 4 horas e media á semana e unha retribución anual de 12.000 euros ao ano ou parte proporcional. Hai case 4 millóns de euros nos orzamentos deste ano para financiar esta medida. s. souto

10 feb 2023 / 17:06
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.