O centro social de Outes comeza un cuadrimestre cargado de actividades
![A programación inclúe un taller de cestería. Foto: L.T. A programación inclúe un taller de cestería. Foto: L.T.](http://www.elcorreogallego.es/binrepository/900x506/0c0/0d0/none/102922340/FBAA/267222072-10224064548352899-953154424027650743-n-422-4598981-20211217170158_422-6688356_20230121142833.jpg)
OUTES. Cun taller de ximnasia terapéutica e outro de corte e confección comezarán o 1 de febreiro as actividades cuadrimestrais que ofertan dende o centro social de Outes. A maiores, no programa tamén figuran outras iniciativas, como bailoterapia, ioga terapéutico ou talleres de memoria, gancho (crochet), cestería, vainicas e bordado ou de coiro. Indicar que a programación (que pode consultarse no Facebook do Concello de Outes) está suxeita a variacións segundo a formación e capacidade dos grupos. As novas inscricións cubriranse tendo en conta a lista de reserva ou por orde de inscrición a partir do día 19. Dende o Concello informaron que tamén haberá actividades no colexio do Cruceiro de Roo, no Club Náutico do Freixo e nos centros socioculturais de Cando, San Cosme, da Vila do Monte e de San Lourenzo. a. p.