Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O exconselleiro Santos Oujo recibirá este sábado a Medalla de Ribeira

O consistorio de Ribeira acollerá este sábado día 7 ó mediodía o acto de entrega da Medalla de Ribeira a Santos Oujo Bello (nado en 1943), en cumprimento do acordo plenario. Foi o primeiro enxeñeiro de Telecomunicacións en obter unha acta no Parlamento de Galicia, participando nas catro primeiras lexislaturas (por UCD de 1981 a 1985; por Coalición Galega, partido do que foi fundador, de 1985 a 1993; e polo PSdeG-PSOE de 1993 a 1996). Entre 1987 e 1990 foi conselleiro de Industria, Comercio e Turismo no tripartito presidido por Fernando González Laxe, sendo o primeiro ribeirense en alcanzar este rango na Xunta). Actualmente preside o Ateneo Valle-Inclán. O acto estará emenizado polo estudante de piano do conservatorio local Miguel González.

05 may 2022 / 14:19
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.