Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Galp Costa Sostible convoca ás confrarías na Mesa do Sector da Pesca

Muros. O GALP Costa Sostible informou que xa está traballando de cheo no proceso de participación social para a redacción da súa estratexia Horizonte 2027. Así, nas dúas últimas semanas realizou unha rolda de consultas con cada unha das confrarías e dos concellos do territorio. “Destas reunións saíron as primeiras propostas de actuación e ideas para enfocar a xestión dos fondos do FEMPA nos próximos anos”, indican. Para este xoves, ás 17.30 horas na confraría de Muros, fixaron a Mesa do Sector da Pesca, á que están convocadas as entidades mariñeiras e as asociacións do sector no territorio. “É o momento da posta en común, tanto da diagnose das potencialidades e necesidades como das liñas de traballo e actuacións preferentes para mellorar o sector da pesca e o valor engadido que xera nos municipios da costa”, din dende o GALP. m. c.

27 jul 2022 / 20:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.