Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O PSOE leva ó Parlamento a problemática do transporte Muros-Noia

Díaz afirma que existe “discriminación” e pide un servizo igualitario ao do resto da bisbarra

Outes. A deputada socialista Noa Díaz presentou esta semana no Parlamento unha batería de iniciativas para urxir á Xunta solucións ante a “discriminación” que sofren as familias das parroquias do Freixo, cruceiro de Roo e San Cosme, no Concello de Outes, e de Tal e Esteiro, en Muros, ao non poder empregar o transporte público para ir ao instituto por ser incompatible cos horarios escolares.

Tras manter, xunto ao voceiro municipal do PSdeG en Outes, Julio Fernández, unha xuntanza con familias afectadas, Díaz cualificou de “discriminatorio” o trato da Xunta ás rapazas e rapaces destas zonas “para quen é imposible facer uso da Tarxeta Xente Nova para realizar os traxectos aos centros de ensino de referencia de FP, ESO e Bacharalato en Noia”.

“Cos horarios actuais, o alumnado ten que estar agardando na rúa tres cartos de hora ata que chegue o autobús e, ante esta circunstancia, as familias víronse na obriga de contratar un servizo discrecional que, lonxe da gratuidade da tarxeta, ten un custe de 54 euros por persoa que algunhas familias teñen dificultades para asumir”, argumentou a socialista.

Porén, pediu ao Executivo galego que realice un estudo para avaliar a demanda dun servizo de transporte entre Muros e Noia en época escolar que se axuste aos horarios escolares. Asemade, tamén reclama á Xunta que sufrague o custo do transporte escolar que teñen que abonar as familias, “dado que non poden empregar a Tarxeta Xente Nova”, apuntou Díaz. m. c.

02 jun 2022 / 20:03
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.