Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Son imparte un curso de primeiros auxilios na infancia de catro horas

porto do son. A casa de cultura de O Son acollerá o luns 14 de 16.30 a 20.30 horas un curso gratuíto de primeiros auxilios na infancia, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns. Está dirixido a persoal sanitario e educativo, monitores, pais, nais e cidadanía en xeral. Abordaranse cuestións como a asistencia inicial ante un traumatismo, feridas e hemorraxias, convulsións, crise epiléptica, dificultade respiratoria, ansiedade, crise asmática, queimaduras, escaldaduras, perda de coñecemento, síncope, coma, diabetes, hipoglucemia, reaccións alérxicas, reanimación cardiopulmonar básica, atragantamentos, recoñecemento dunha PCR, etc. Será impartido por Carlos Prados Sande, DUE asistencial do 061. Para consultar se aínda quedan prazas dispoñibles, as persoas interesadas poden enviar un email a jose.pazo@portodoson.gal. s. s.

02 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.