Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Son impulsa a práctica de deportes urbanos cun novo parque de skate

Porto do Son. O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Porto do Son, Luis Oujo Pouso, visitou o novo parque de skate emplazado no paseo de Brañón, unha instalación que ocupa unha superficie de 480 metros cadrados, en dos plataformas e empregando formigón como material de construción.

Este parque para a práctica de deportes urbanos foi cofinanciado polo Concello sonense con 20.900 euros e pola Secretaría Xeral para o Deporte, que aportou 25.000 €.

Trenor destacou a importancia crecente que están a ter os novos deportes urbanos. Neste senso destacou a tradición de Porto do Son que conta cunha escola de skate e cada ano celebra o Rompetiño, que este ano se desenvolverá no mes de setembro.

A plataforma conta con distintos elementos que permiten realizar skate e parkour. A intención é que esta siga crecendo polo que todo o proxecto enfocouse para plantexar futuras ampliacións. m. t.

22 jul 2021 / 20:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.