Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Obras de mellora nos dous accesos a O Vilar

Noia. O Concello de Noia dálle continuidade ao programa provincial de mellora viaria co avance das obras de mellora e pavimentación nos dous accesos á aldea de O Vilar, na parroquia de Boa, desde a estrada AC-550.

Os traballos, dotados cun orzamento de 89.473,39 euros, inclúen a reparación das fochancas e a regularización do pavimento actual no cal se atopan diversos puntos que presentan un estado de conservación deficiente. Para poñerlle solución a esta problemática, aplicarase unha capa de 5 centímetros de aglomerado asfáltico; efectuarase o recrecido das actuais tapas de rexistro e das grellas do sumidoiro e finalmente procederase ao pintado da sinalización horizontal da vía. Desde o goberno local, que lidera Santiago Freire Abeijón, sinalan o seu compromiso “por ofrecerlle as mellores condicións viarias á nosa veciñanza” e inciden na importancia deste tipo de actuacións para “promover unha mobilidade máis segura e eficiente”. ecg

31 oct 2022 / 20:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.