Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ofertan cursos de informática e competencias clave na Pobra

Impartiranse no CPR Divino Maestro e son para obter certificados de profesionalidade

A Pobra. O Concello da Pobra organizou dúas accións formativas para obter certificados de profesionalidade en competencias clave e informática, e que se van desenvolver no CPR Divino Maestro.

As competencias clave constitúen unha ponte para acceder ao título de graduada/o na ESO para aquelas persoas que cursaron unicamente EXB, ademais de seguir avanzando nos distintos niveis da formación profesional. Adquirirán así coñecementos en competencia matemática do nivel 2 e comunicación en lingua galega e castelá do nivel 2. As clases comezarán o vindeiro día 23 e serán de 08.50 a 13.50 horas.

No que respecta ao de informática, afondarase nas operacións de gravación e tratamento de datos e documentos, o que permitirá ocupar postos de traballo como auxiliar de oficina, de arquivo, de dixitalización ou operador/a documental, entre outros. Impartirase a partir do día 12 de decembro, de 16.00 a 21.00 horas. Tamén se disporá de axudas económicas en función da situación persoal dos participantes.

Existe un número máximo de 15 prazas por certificado, un 80 % dirixido a persoas desempregadas e un 20 % a ocupadas. O prazo de matrícula xa está aberto e o trámite deberase formalizar no dito centro de estudos. suso souto

04 nov 2022 / 14:45
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.