Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Organizan en Boiro un curso de galego para os inmigrantes

Boiro. O Concello de Boiro, a través da área de Normalización Lingüística, xunto coa Cruz Vermella, vai levar a cabo un curso de galego para persoas inmigrantes. “Demos un primeiro paso que é a creación dunha ordenanza de uso de lingua que se atopa en fase de exposición, e comezamos a traballar en distintos ámbitos como o emprendemento, o ámbito dixital ou os xogos populares“, dixo a edil de Dinamización Lingüística, Dores Torrado.

Esta actividade ten como obxectivo levar o galego ao colectivo de persoas inmigrantes do municipio para favorecer a integración social, económica ou cultural e tamén para favorecer o uso da lingua na localidade. Dende o Concello xa se facía un traballo previo de formar a estas persoas en castelán, pero agora dáse un paso máis alá para facelo tamén en galego.

“Aínda que xa se estaban desenvolvendo clases de español, viamos que esas persoas inmigrantes non chegaban a ter unha integración social plena, polo que xurdiu a necesidade de ampliar esta formación tamén ao galego”, afirmou Natalia Romero, coordinadora local da entidade.

Este proxecto educativo consistirá en clases semanais, en datas e horarios que se darán a coñecer en breve. s. s.

04 may 2022 / 16:48
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.