Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h

Organizan para o xoves en Rianxo unha observación astronómica

Rianxo. O auditorio de Rianxo acollerá o vindeiro xoves día un ás 21.00 horas unha actividade de observación astronómica sobre a Vía Láctea e outros motivos xacobeos do Camiño, dentro do programa organizado polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller, da USC e o Concello, co apoio do Xacobeo 21-22.

Por outra banda, o venres día dous, ás sete da tarde, tamén no auditorio, terá lugar a presentación do libro Galeóns, vapores e motoras: a historia da pasaxe na ría de Arousa, de Manuel Gago Pérez. Despois da presentación, haberá unha visita guiada no veleiro Evangelina Uno, posiblemente o máis antigo de Galicia (construído no ano 1912) que navega a día de hoxe.

A programación cultural do Concello de Rianxo para este verán inclúe tamén a exposición de arte naíf Emociones 2022, de Karin Kuijper, que será inaugurada o sábado 3 ás 12.30 horas nas citadas instalacións e que poderá visitarse ata finais do vindeiro mes de setembro.

E o Club de Montaña Vintedouspés, en colaboración co Servizo de Deportes do Concello de Rianxo, organiza a IV Andaina de 25 quilómetros do Barbanza, incluída no VII Open Andainas de Regularidade de Galicia. A cita será o dous de outubro e percorrerá camiños do citado concello barbanzán. Ademais deste percorrido circular, con saída dende a área recreativa de Campo Maneiro, na parroquia de Taragoña, ata o Pico Muralla, haberá outro de quince quilómetros, que non chega ata o Pico Muralla. suso souto

25 ago 2022 / 18:27
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.