Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Os cativos ribeirenses de 3 a 7 anos xa se poden anotar na escola musical

RIBEIRA. O Conservatorio Profesional de Música de Ribeira Enrique Paisal abriu un período de preinscrición para a Escola Municipal de Música, dada a previsible contratación de profesorado para ese centro. A escola está destinada a nenos e nenas de 3 a 7 anos. As prazas son limitadas e adxudicaranse por orde de chegada dos emails. O formulario pódese completar no enlace www.ribeira.gal/escola-municipal e enviar a secretario.conservatorio@ribeira.gal. Por outra parte, en previsión de que unha vez matriculado todo o alumnado puidese quedar algunha praza vacante, ábrese tamén un período de preinscripción na modalidade oínte do conservatorio (a partir dos 8 anos), para a que é preciso chamar ó 981 873 204 ou enviar un email a conservatorio@ribeira.gal co nome, teléfono, idade e instrumento elixido. S. S.

14 sep 2021 / 14:43
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.