Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Os disfraces alegran o Punto de Atención á Infancia de Lousame

A vintena de nenos do Punto de Atención á Infancia de Lousame celebraron este venres unha gran festa de Entroido, que pon o broche de ouro a unha semana repleta de actividades. Tocou o día de elaboraren os seus propios disfraces con materiais de reciclaxe, que foron deseñados polas súas mestras en colaboración cos propios pequenos.

Este sábado, o Concello de Lousame celebrou o seu tradicional festival de Entroido no polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra, que contou coa participación de 300 persoas en dúas quendas de 150 cada unha. O festival contou con obradoiros, xogos e inchables para os máis pequenos da casa, así como unha degustación gratuíta de orellas, filloas e chocolate con churros para todas as persoas que asistiron a esta cita.

27 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.