Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Os gañadores do concurso ribeirense de disfraces repartíronse 1.775 €

Ribeira. O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, presidiu este mércores o acto de entrega de premios dos concursos de disfraces de Entroido, así como ao establecemento gañador da ruta de tapas.

No que se refire ao certame de disfraces celebrado na noite do luns vinte e oito de febreiro, os galardoados foron: na categoría individual, María Parada Gómez (que recibiu 150 euros), Gonzalo Lages Argibay (75 euros) e Rubén Martínez Santamaría (50 euros); na de parellas, Encarna Bretal Laranga (250 euros), Carlos Rey Estévez (150 euros) e Xana Ledo Díaz (100 euros); e na de grupos, Jonathan Vázquez Rama (500 euros), Mónica Martínez Teira (300 euros) e María Belén Franco Doval (200 euros).

No que se refire á Ruta de Tapas do Pequeno Entroido (celebrado os días cinco e seis de marzo), cómpre destacar o auxe experimentado na iniciativa, pois, se na anterior edición (ano 2020) participaron cinco locais, nesta ocasión foron un total de catorce, incluíndo tres pertencentes á parroquia de Corrubedo.

Neste certame resultou gañador o restaurante Golimbreo, cuxo propietario recibiu un agasallo de artesanía galega e un diploma. Ademais, entre o público participante na mencionada ruta sorteouse un pack experiencial que lle foi entregado a Marisol Filgueira González.

Na entrega dos galardóns, que tivo lugar no salón de plenos da casa consistorial, participou tamén a tenente de alcalde e concelleira de Cultura, María Sampedro. s. s.

30 mar 2022 / 17:59
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.