Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Os Reis percorrerán as parroquias da Pobra o 5

a pobra. Melchor, Gaspar e

Baltasar visitarán A Pobra do Caramiñal o 5 de xaneiro antes de repartir os agasallos polos fogares. As súas maxestades os Reis do Oriente vivirán unha intensa xornada que comezará cun percorrido en vehículos por todas as parroquias do termo municipal, coa saída programada ás 11.00 h na aldea de San Paio e a chegada ás 14.20 horas á casa consistorial, onde os recibirá a Corporación municipal. Poderase seguir en directo a través da canle do Youtube do Concello. E, pola tarde, toca desprazarse polo núcleo urbano da localidade na tradicional cabalgata, que partirá ás 17.30 h do polideportivo municipal de Venecia. Repartiranse preto de 2.000 quilogramos de caramelos aptos para persoas celíacas. Ademais, segundo indicaron fontes municipais, o día 2 os paxes reais estarán no toldo da praza Alcalde

Segundo Durán para recibi-las cartas e desexos da rapazada. Estarán en horario de 18.00 a 20.00 horas. m. c.

02 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.