Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Outes activa os servizos de conciliación co inicio do curso escolar o oito

OUTES. Comeza un novo curso escolar, e con el activaranse os servizos de conciliación. É o caso dos servizos de Madrugadores e Tardes Divertidas que ofrece o Concello de Outes, que botarán a andar o vindeiro 8 de setembro. Ambos forman parte do programa Outes Concilia e desenvolveranse no edificio autónomo do CEIP Plurilingüe de Outes. Madrugadores ofrece un servizo de acollida, coidado, no que os menores poden almorzar. Levarase a cabo durante todo período lectivo, en horario de 7.50 h da mañá ata o inicio das clases. Pola súa banda, Tardes Divertidas terá lugar de luns a venres, días lectivos, en horario de 17.00 a 19.00 horas. Ámbolos dous servizos están destinados a rapaces menores escolarizados no CEIP de Outes, de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Poderán ser utilizados de forma fixa ou ocasional. m. c.

05 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.