Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 23 mayo 2024
20:39
h

Outes celebrará o Entroido cunha festa, un baile e mais un concurso de disfraces

Outes. O Concello de Outes deu a coñecer este luns a programación para este Entroido 2023 e invita a toda a veciñanza a participar, a poder ser disfrazada. Así, o sábado 18 terá lugar a Festa de Entroido no pavillón da Serra. Entre as 17.00 e as 21.00 horas haberá inchables, obradoiros e demais actividades para a rapazada. Xa o domingo 19 as actividades centraranse no Centro Social da Serra, onde terá lugar un baile a partir das 18.00 horas, coa actuación de Martín. E o día 22, Mércores de Cinza, o Concello organizará un concurso de disfraces –con premios para os mellores nas categorías de infantil, individual, grupos e comparsas– e un desfile para celebrar o Enterro da Sardiña. O formulario de inscrición e máis as bases do certame poden descargarse da páxina web municipal (www.outes.gal). Para inscribirse, deberán enviar o formulario debidamente cuberto a animacion@outes.gal antes do día 21 ás 14.00 h. m. c.

23 ene 2023 / 20:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.