Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Outes solicita a Sanidade que se cubra ao pediatra do centro de saúde

Aseguran que a súa baixa provocará inconvenientes ás familias e ao sistema

Outes. O Concello de Outes acaba de enviarlle unha carta á xerente da área sanitaria, Eloína Núñez, ante a baixa do profesional de pediatría que se vai producir “sen que se tomen medidas para poder cubrila”, sinalaron dende o executivo local.

O alcalde outense, Manuel González López, instou á xerente da área sanitaria porque considera “preocupante que as nenas e nenos teñan que estar sen especialista médico durante un período de dous meses”. Segundo González López, non cubrir a praza de pediatría provocará inconvenientes tanto ás familias como ao propio sistema sanitario.

“En primeiro lugar, as familias terán que trasladarse até outros centros de saúde de fóra da localidade para poder ter a atención dun pediatra e, por outra banda, os profesionais especialistas deses centros verán incrementada a súa carteira de pacientes facendo que a calidade na atención diminúa”, afirmou ao respecto o rexedor.

Nesta liña, dende o goberno de Outes defenden a necesidade de contar con este facultativo de forma permanente “ao contar con cincocentos oito nenos e nenas menores de quince anos”. Por iso lle piden que se cubra a praza, evitando así, que fique vacante durante un período de tempo tan extenso.

Esta ausencia non é aislada, xa que nos ambulatorios da comarca de Muros-Noia, como sucedeu no mes de agosto en O Son, a carencia deste facultativo é unha problemática, o cal indigna a pais e tamén a políticos. m. c.

20 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.