Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Outes traballa nun proxecto para mellorar camiños que danou a choiva

González proporá que as actuacións se financien cos remanentes de tesourería dispoñibles

Outes. As fortes choivas rexistradas nas últimas semanas están ocasionando importantes danos nas infraestruturas viarias do concello de Outes. Fontes municipais puntualizaron que “os danos son particularmente significativos nos camiños agrarios e, sobre todo, nos forestais debido aos efectos das riadas en zonas con pendentes elevadas”.

Por ese motivo, o goberno municipal está a traballar nun plan para intervir, unha vez que remate o inverno, naquelas vías que resultasen máis danadas. Así o indicou o alcalde outense, Manuel González, quen sinalou que “levamos dous invernos particularmente duros en canto a choivas e por ese motivo é necesario reforzar as actuacións de mantemento na rede de estradas municipais e, en particular, nalgúns camiños de monte, que están en moi mal estado”.

Neste momento o executivo de Outes está a preparar un proxecto de actuacións que se presentará ao plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas de Agader, o cal incluirá camiños de Valadares, Santo Ourente, O Freixo e Entíns, e que contará cun orzamento de algo máis de 70.000 €.

En canto aos camiños forestais, a intención é presentar unha proposta de actuacións para ser financiada cos remanentes de tesourería. Ao respecto, González indicou que “o Concello conta con recursos propios para afrontar de forma rápida estas actuacións” e que se reunirá cos demais grupos da Corporación para tratar de consensuar a devandita proposta. m. t.

13 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.