Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

‘Paso a paso’ reúne fotos de 8 artistas en Ribeira

RIBEIRA. O consistorio de Ribeira acolle a exposición Paso a paso, integrada por 24 imaxes feitas por oito autores, alumnos da escola de fotografía de Fuco Reyes. A inauguración contou ca asistencia do alcalde, Manuel Ruiz; os edís do PP María Sampedro e Ramón Doval, e os do PSOE, José Manuel Vilas e José Manuel Suárez-Puerta; e catro dos autores: Ana Rozas, Adonis Ríos, Josina Gancedo e Ramiro González (os outros catro son Esmeralda López, Ánxela Taboada, María Pino e Maite Miñambres). A mostra vertébrase en tres temáticas de traballo: unha documental (cas obras de Ánxela Taboada Lamela e Adonis Ríos, que representan a alma de Galicia); outra emocional (a que propoñen Ramiro González González, Josina Gancedo Cons e Esmeralda L. Castro, máis humanista, ao poñer énfase nas vivencias de cada ser humano); e outra poética (con María Pino, Maite Miñambres e Ana Rozas, sobre as relacións da fotografía e a pintura). S. S.

14 may 2022 / 15:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.