Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 08 agosto 2022
02:00
h

Paula Alonso García gaña o sorteo dos mil euros da ABE

Boiro. A patronal de Boiro xa sorteou o último dos premios da campaña Nadal fantástico, na que participaron todos os establecementos asociados e que repartiu 3.000 € en vales de compra. A gañadora do premio especial de mil euros é Paula Alonso García, que rexistrou a súa factura de compra na librería El Cisne.

Ademais deste fixéronse catro sorteos semanais de 500 euros (cinco premios de 100 euros). Na última semana rexistráronse no sorteo 1.268 facturas ou recibos de compra. En total, en toda a campaña, a cifra foi de 3.833.

A vindeira semana entregaranse os premios. Os vales pódense usar sen caducidade en calquera dos 190 negocios da Asociación Boirense de Empresarios (ABE). s. s.

11 ene 2022 / 15:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.