Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Piñeiro pon en valor o programa Erasmus+ en relación co crecemento persoal da mocidade

A Pobra. O IES da Pobra do Caramiñal atópase novamente inmerso en actividades de intercambio cultural ao abeiro do programa Erasmus+, nesta ocasión, co centro educativo Dvořákovo gymnázium, da cidade checa de Kralupy nad Vltavou. A delegación checa coñece esta semana a idiosincrasia galega e, particularmente, da localidade, da man de vinte compañeiros/as pobrenses.

Fai uns días participaron nun itinerario guiado pola técnica do Museo para coñecer máis sobre a historia e patrimonio mariñeiro, facendo unha especial énfase na salgadura. Asistiron tamén a un obradoiro de marisqueo que tivo como punto de partida o auditorio do Museo Valle-Inclán, onde previamente recibiron a visita do alcalde, Xosé Lois Piñeiro, e da concelleira de Relacións Institucionais, Patricia Lojo. O mandatario local trasladou o desexo de que a estadía sexa do agrado dos/as visitantes, ademais de poñer en valor programas educativos desta índole que contribúen ao crecemento persoal da mocidade.

Indicar que no mes de abril cambiará a quenda e será o alumnado da Pobra do Caramiñal quen visite a República Checa. m. cano

11 nov 2022 / 20:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.