Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Pontenafonso e a súa posta en valor xeran polémica

Outes. As esperadas obras de rehabilitación e posta en valor da ponte de Pontenafonso están xerando polémica. Sen ir máis lonxe, este venres a deputada do grupo popular Ana Belén García asegurou no Parlamento galego que os traballos de restauración “estanse a executar respectando ao máximo o patrimonio cultural” e afirmou que esta actuación “servirá non só para poñer en valor a ponte, senón que mellorarán a seguridade viaria neste treito”.

García explicou que a obra de reparación do viaduto medieval de Pontenafonso está enmarcada no programa de control das pontes e obras de paso que está a desenvolver a Xunta, co fin de preservar a seguridade e alongar a vida útil destas infraestruturas. A intervención suporá un investimento superior aos 700.000 euros.

Sen embargo, nesa mesma xornada, a deputada nacionalista, Rosana Pérez, pediu na comisión de Educación e Cultura “paralizar cautelarmente as obras na Pontenafonso” e buscar unha alternativa respectuosa co patrimonio histórico para a canalización do cableado de Telefónica. Ademais, Pérez propuxo repoñer o “peitoril de pedra orixinal” para manter as súas características propias e singulares. m. c.

24 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.