Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Portos de Galicia licita a ampliación, reforma e mellora dos pantaláns de Rianxo e A Pobra

As obras saen a concurso cun orzamento base de 2,5 millóns de euros e pódense presentar ofertas ata o 26

A Pobra. A Consellería do Mar a través de Portos de Galicia, vén de iniciar o procedemento de licitación das obras de reordenación, reforma e mellora de pantaláns nas dársenas de Sada, A Pobra do Caramiñal e Rianxo. Esta actuación sae a concurso cun orzamento base de licitación de 2,5 millóns de euros.

Os documentos e pregos do concurso están dispoñibles para os interesados na plataforma de Contratos de Galicia, no perfil do contratante, e na páxina web portosdegalicia.gal. Os licitadores terán de prazo ata o día 26 de xullo para presentar as súas ofertas.

O obxecto das obras proxectadas supón a modernización das instalacións aboiantes mellorando a seguridade e accesibilidade ás embarcacións, ademais de optimizar a utilización das augas abrigadas.

Concretamente, no porto de Rianxo ampliaranse lixeiramente os pantaláns pesqueiros para a instalación de 77 novos fingers habilitando un total de 171 prazas e eliminando o tren de fondeo. Ademais renovarase integralmente o pavimento aplicando madeira tecnolóxica nos pantaláns e a pasarela, instalaranse escaleiras abatibles e unha baliza ao final do embarcadoiro, así como un sistema de apertura das portas con móbil. Finalmente limparán os frotadores e sanearán os pilotes.

Polo que respecta ao porto da Pobra, melloraranse substancialmente tanto os pantaláns pesqueiros como mexilloeiros. Nestes últimos colocaranse fingers de maior tamaño. Tamén se renovarán integramente o pavimento con madeira tecnolóxica nos embarcadoiros e a pasarela, acondicionaranse os trens de fondeo, sanearanse os pilotes e subministraranse escaleiras abatibles e balizas para a punta dos pantaláns. Por último, dotarase aos pantaláns de sistema de apertura por móbil e poranse en funcionamento as torretas de auga e enerxía eléctrica. m.t.

02 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Mar
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.