Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Portosín acolle a mostra que transforma en arte o lixo retirado da ría de Muros-Noia

Mariscadores a pé do pósito de Noia retiraron sesenta e cinco toneladas de residuos grazas ao proxecto Econoia

Porto do Son. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, enxalzou este luns o labor da confraría de Noia no coidado do medio ambiente con accións que promoven a reciclaxe e a reutilización do lixo mariño. Así o destacou na apertura da mostra Arte da mar, a primeira actividade que realiza o pósito ao abeiro do proxecto Econoia III que dá continuidade ás edicións anteriores desta iniciativa que conta co apoio da Xunta.

A exposición é o resultado das limpezas de lixo mariño nas que os mariscadores a pé da confraría noiesa retiraron 65 toneladas de residuos da ría de Muros-Noia. Estará todo este mes e en setembro na casa da cultura de Portosín, en Porto do Son, e ten como obxectivo sensibilizar á cidadanía sobre a importancia de conservar o medio mariño, a través da linguaxe e as obras da asociación Mar de Fábula, o proxecto artístico Alivavá e a Asociación A Creba.

No proxecto tamén participan o Museo Marea de O Son e as redeiras de Portosín e colaboran o pósito de Portosín e o Concello sonense.

A conselleira sinalou que “esta acción é un exemplo dos froitos que dá a alianza do sector cos axentes sociais e culturais da súa comunidade. Grazas ao seu labor con esta mostra, daranse a coñecer novas pezas artísticas que son o resultado de reciclar e reutilizar residuos mariños recollidos polos profesionais do mar e que, doutro xeito, quedarían navegando sen rumbo no mar”.

Ademais, definiu a exposición como “arte sostible coa que os participantes exercen un importante traballo de concienciación para loitar contra o lixo mariño”. A Administración autonómica contribuíu con 650.000 euros de axuda ao labor das tres edicións deste proxecto. s. s.

01 ago 2022 / 20:38
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.