Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Proxectan unha nova cuberta para o complexo deportivo da Cachada

BOIRO. O goberno local de Boiro levará ó pleno deste xoves para a súa aprobación unha modificación de crédito con cargo ao remanente de Tesourería para construír unha nova cuberta no pavillón municipal da Cachada. A actuación, orzamentada en 172.788 €, consistirá na instalación dunha estrutura metálica na zona do pavillón para proporcionar unha maior pendente e realizar unha cuberta en dúas augas en lugar da actual, que é horizontal e moi pouco operativa durante a época de choivas e que xera filtracións de auga e goteiras na pista. O Concello investiu nos últimos anos máis de 450.000 € no complexo deportivo da Cachada. Actualmente execútanse obras por 276.199 € para a renovación dos vestiarios da planta baixa de acceso á piscina climatizada; dos do semisoto da pista deportiva; dos dos árbitros e dos públicos. S. S.

26 jul 2022 / 18:20
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.