Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Quince ribeirenses fan un musical a beneficio da loita contra o cancro

RIBEIRA. Quince veciños e veciñas de Ribeira van protagonizar o vindeiro sábado día dous de xullo un musical a beneficio da Asociación Española contra o Cancro. A iniciativa, que presentou a edil de Cultura, María Sampedro, xurde das clases de teatro musical que dende outubro celebrou a compañía Mimarte, promotora desta iniciativa solidaria. O espectáculo, que pechará o curso, terá lugar no auditorio municipal ribeirense a partir das 20.30 horas e leva por título A casa das cancións. A entrada é gratuíta ata encher aforo e haberá sorteos. Todo o recadado cas rifas destinarase integramente á asociación. Na función participarán persoas de todas as idades (dende unha rapaza de trece anos ata un sexaxenario) e de distintas profesións e ocupacións: mariñeiros, camareiras, peixeiras, profesoras, estudantes, xubilados, etc. s. souto

22 jun 2022 / 13:58
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.