Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Recolléronse máis de trinta e sete mil quilos de roupa na capital barbanzá

RIBEIRA. As restricións que está a provocar a pandemia dende mediados do pasado marzo non menoscabaron a solidariedade da veciñanza ribeirense e, por cuarto ano consecutivo, segue en aumento o número de toneladas de roupa usada recollidos nos seis contedores dispostos noutros tantos puntos do municipio. Así, de acordo cos datos facilitados pola Fundación Cáritas Diocesana de Santiago (da cal depende a empresa de inserción laboral Arroupa), en 2020 recolléronse 37.369 quilos, o que supón un 2,3 % máis que en 2019, no que a cifra foi de 36.504. En 2018 a cifra foi de 34.248 e en 2017 de 25.578. No colector da avenida da Coruña depositáronse 7.414; no da rúa Estatuto, 7.057; no de Palmeira, 6.145; no da Praza dos Mariñeiros, 5.993; no de Aguiño, 5.457 e no da zona da igrexa de Santa Uxía, 5.012. S. S.

01 feb 2021 / 15:37
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.