Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Redistribúen a area que se acumulaba a carón da rampla da praia do Areal

a pobra. Este xoves comezou o acondicionamento da praia do Areal, na Pobra, unha actuación moi necesaria debido a que as mareas e os temporais fan que a area se acumule na zona máis próxima ó porto, polo cal se produce unha descompensación respecto ó resto do areal. A intervención conta coa autorización de Costas e consiste na redistribución do sedimento ó longo da área supramareal da praia coa finalidade de acondicionala para a tempada estival.

Eliminaranse así os problemas que se producían os días de temporal cando a area se acumulaba no paseo que discorre pola contorna. A empresa que está a realizar estes traballos é Tragsa, cun orzamento de 11.888 €. Ata que os traballos rematen este venres está prohibido aparcar na rampla do recheo, e produciranse cortes puntuais do tráfico na rúa paralela ó Areal. s. s.

15 abr 2021 / 13:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.