Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Reforzan a atención domiciliaria para sete concellos barbanzáns

O Servizo de Axuda no Fogar (SAF) é vital para garantir o benestar de moitas persoas dependentes. O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, mantivo onte unha reunión por videoconferencia coa alcaldesa deMuros, Inés Monteagudo, durante a cal lle informou do plan de reforzo deste servizo.

O incremento das horas asignadas para o seu financiamento en máis dun millón de horas anuais está permitindo atender a todas as persoas que se atopan á espera da asignación efectiva do recurso. No caso de Muros, o delegado destacou que o Goberno galego aumentou en máis 460 horas o SAF postas a disposición do Concello, ata superar as 25.390 horas anuais, atendendo neste momento a un total de 55 persoas.

Respecto á comarca do Barbanza, Gonzalo Trenor comunicou que o plan de reforzo se traduciu nun incremento de case 20.000 horas anuais para os concellos de Carnota, Lousame, Mazaricos, Muros, Noia, A Pobra do Caramiñal e Rianxo. Dito incremento permitiu a estes municipios pasar das 185.736 horas, das que dispoñían ata o momento, ás 205.416 horas coas que contan na actualidade. En total, estes sete concellos atenden a 382 persoas e contarán con marxe para aumentar o servizo en 2021 se o considerasen necesario.

Así mesmo, o representante da Xunta na Coruña destacou que a Consellería de Política Social vén de engrosar en dez millóns de euros o investimento destinado ao SAF, que este ano ascenderá a un total de 83,6 millóns de euros. Na provincia este incremento levouse a cabo en cincuenta e un concellos, o que significa un aumento nos mesmos de preto de 685.000 horas anuais ata chegar a un total de máis de 4,3 millóns de horas ao ano e 4.133 usuarios.

Finalmente, Trenor lembrou que nestes momentos en Galicia invístense nas persoas dependentes un total de 400 millóns de euros anuais, dos que máis de tres cuartas partes, o 76 por cento, veñen das arcas autonómicas.

09 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.