Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Remata a mellora da vía boirense entre a avenida da Constitución e Boliña

BOIRO. O Concello de Boiro vén de rematar as obras que se estaban a executar estes días na estrada que une o núcleo de Boliña coa avenida da Constitución para dotar á zona de redes de servizo e facer melloras no pavimento. A mencionada actuación, que contou cun investimento total de 39.561 euros, executouse con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial da Coruña. Con estes traballos, que se levaron a cabo nun tramo da estrada de 185 metros de lonxitude, ademais de mellorar a rede de recollida de augas pluviais e a do abastecemento de auga potable, así como de renovar o deteriorado pavimento, implicou a dotación á zona dun espazo para o tránsito de peóns en ambas marxes da estrada. Asimesmo, a actuación incluíu a instalación dun hidrante de incendios, xa que na zona non había ningún preto. s. souto

14 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.