Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Remata en Rianxo o proxecto Mytilus, que acercou o sector bateeiro ás aulas

Rianxo. O proxecto Mytilus da Asociación Mexilloeira Rianxeira, financiado polo GALP Ría de Arousa e o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, chega ó seu fin despois dun ano de actividades.

Con esta iniciativa levouse a cabo a implementación dun programa informático que permitirá á asociación mexilloeira facer as súas xestións en rede, axilizando os trámites con clientes e proveedores; realizáronse sesións divulgativas no IES Félix Muriel, nas que colaboraron diferentes entidades e persoas relacionadas co eido do mar, a educación, a gastronomía ou a investigación; e elaborouse material audiovisual por parte dos alumnos do citado centro para a difusión do proxecto e a promoción do produto a través das redes sociais.

O proxecto obtivo unha financiación de 7.216,40 euros.

O obxectivo era obter puntos de control adaptados ás necesidades diarias coas que conta a asociación bateeira, una relación administrativa máis funcional e áxil cos seus clientes e proveedores gracias á mellora tecnolóxica, una promoción do produto nas canles que máis se moven a día de hoxe, sobre todo entre os máis xóvenes, materiais de promoción sobre o mexillón e contribuír a mellorar o produto no mercado.

Os alumnos de primeiro de Bacharelato foron os destinatarios das sesión divulgativas que organizou a asistencia técnica do proxecto, a empresa Arenaria Coordinación, con ampla experiencia en divulgación científica e educación ambiental. s. souto

15 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.