Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Remember Queen actuará no Malecón de Ribeira o día 2

Ribeira. O Concello de Ribeira elaborou unha variada programación para celebrar o Día do Orgullo LGTBI, que comezará este martes 28 cun acto institucional no salón de plenos á unha da tarde, no que ofrecerá o pregón a escritora Mercedes Barreiro.

Xa a vindeira fin de semana, o venres un de xullo, haberá ás sete da tarde, no Paseo do Malecón, unha Holi Party para todos os públicos. Actuarán dous disc jockeys locais: Carlos DJ e Dani DJ.

Un dos momentos estelares da programación terá lugar o sábado 2 de xullo a partir das once e media da noite coa actuación no Malecón de Remember Queen, que recala na capital barbanzana no marco da súa xira europea, sendo unha das máis prestixiosas bandas tributo que existen do grupo liderado polo mítico Freddie Mercury.

Por outra banda, no mes de xullo estrearase na Praza das Heroínas de Sálvora un xardín con flores representando cada unha das cores da bandeira LGTBI. suso souto

26 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.