Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Renovan as beirarrúas e o pavimento da rúa do Carreiro, en Aguiño

Ribeira. O Concello de Ribeira iniciou o ano licitando diversas obras que se van executar en breve en diferentes puntos do municipio por un importe global de máis de 530.000 euros. Boa parte delas consisten en pavimentacións coas que poñer en perfecto estado de servizo un gran número de rúas, camiños e estradas, pero tamén hai actuacións para afianzar a accesibilidade e a seguridade viaria, de saneamento ou de mellora de áreas de esparcemento e aparcamento.

A última das actuacións adxudicadas levarase a cabo na rúa do Carreiro, na parroquia de Aguiño, co obxectivo de mellorar a accesibilidade no citado vial, renovando as beirarrúas para facilitar o tránsito peonil e mellorando tamén o deteriorado firme.

Para iso, as marxes da rúa serán renovadas e ampliadas empregando un pavimento continuo de formigón, en tanto que nos accesos para os viandantes e nas subidas e baixadas colocarase baldosa hidráulica tipo botón. Tamén será mellorado o tráfico rodado da calzada estendendo unha nova capa de aglomerado en quente. A intervención foi adxudicada á empresa Excavaciones Mina S.L. e conta cun orzamento total de 42.097,58 euros e un prazo de execución de tres meses.

Por outra banda, en materia de saneamento adxudicáronse á empresa Excavaciones Abeilleira S.L. os traballos correspondentes á primeira fase da ampliación da rede no lugar de Agrelo (na parroquia de Olveira), cun orzamento de 40.514 euros. s. s.

18 ene 2023 / 16:53
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.