Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Renovan nas rúas Rosalía, Lugo e Galicia, en Ribeira, 88 puntos de luz

Adxudicáronse tamén as pavimentacións dos viais da Gándara, Alto do Rial e Fontenova

Ribeira. O Concello de Ribeira adxudicou á empresa Formatesa Lalín, cun orzamento de 25.408 euros e un prazo de execución dun mes, os traballos para a renovación das luminarias das rúas Rosalía de Castro, Lugo e Galicia.

Substituiranse por outras de maior eficiencia acordes co carácter preferentemente peonil de ditas vías. A actuación inclúe a desmontaxe e retirada das actuais e o subministro e instalación das novas: 60 na rúa de Galicia, 4 na de Lugo e 24 na de Rosalía de Castro, todas elas cunha cualificación enerxética A, a de maior eficiencia segundo a gradación existente.

Por outra banda, a firma Nemesio Ordóñez S.A. levará a cabo, cun orzamento de 25.755 euros, as obras de pavimentación dun camiño no lugar de Gándara, na parroquia de Artes. A intención do proxecto reside en dotar ao citado camiño dun novo aglomerado asfáltico (incluíndo os sobreanchos que están actualmente en terra), previo acondicionamento da superficie a pavimentar.

Asimesmo, a empresa Excavaciones Nima S.L. vén de iniciar as obras de pavimentación das rúas Alto do Rial e Fontenova, situadas no núcleo de Castiñeiras, que contan cun investimento de 30.844 euros. As lousas de pedra e adoquíns que conforman a área de actuación atopábanse nun estado deteriorado e ocasionaban reiteradas obras de reparación por parte da brigada municipal, razón pola cal se vai estender unha nova pavimentación. O prazo de execución está estipulado en tres meses. s. s.

16 jun 2021 / 17:10
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.