Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Renovan o firme da vía que conecta as localidades de Rianxiño e Barral

Rianxo. O alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños Sánchez, informou que xa están rematados os traballos levados a cabo para a mellora do firme da estrada que conecta os núcleos de Rianxiño e Barral, executados con cargo ao Plan de Mellora de Camiños Rurais PEIM 2021-2022.

Para esta actuación (moi demandada polos vecinos da zona e por asiduos usuarios da vía) o Concello contou cunha axuda do Agader da Xunta de Galicia de 34.329 euros.

O custe total das obras foi de 41.538 euros, polo que a administración local aportou a cantidade restante, ademais de outros gastos.

As actuacións efectuadas con cargo a este programa van dirixidas a pistas rurais que transcorren por zonas con aproveitamentos agrícolas, “de aí que non atravesen núcleos na súa intervención”, explicou o mandatario rianxeiro ao respecto.

A empresa encargada de executar os traballos de aglomerado foi Nosa. A lonxitude do vial é de 850 metros, e conta cun ancho duns catro metros de media, aproximadamente.

TARAGOÑA E LEIRO. Por outra banda, o rexedor adiantou que nas vindeiras semanas vanse sacar a licitación outras importantes melloras que afectarán a un viario no núcleo de As Barreiras (na parroquia de Taragoña), e que tamén están previstas en O Rial (en Leiro). Os amaños destas estradas forman parte do Plan Único da Deputación Provincial da Coruña e para a presentación de ofertas colgaranse o correspondente proxecto e as bases de licitación no perfil do contratante do Concello. s. souto

16 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.