Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 28 noviembre 2022
14:14
h

Rianxo acollerá o venres 17 a preestrea da curta ‘Devoradora de nenos’

RIANXO. O auditorio municipal de Rianxo acollerá o vindeiro venres día 17 ás 21.00 horas a preestrea da curtametraxe Devoradora de nenos, de Fran X. Rodríguez. Sobre unha idea orixinal en forma de relato curto do burelés Martiño Vázquez –que tamén é o productor executivo– esta peza, con guion de Marcos Nine, aborda a problemática do acoso escolar. Por outra banda, o sábado 18, ás 20.30 horas, terá lugar no mesmo escenario o concerto da Orquestra de Cámara Galega. O domingo 19 celebrarase ademais a partir das seis da tarde o festival de Nadal da asociación Vai de Roda. E o xoves 23 ás 20.30 horas actuará o Víctor Bouzas Cuarteto no marco do IV Ciclo de Novos Intérpretes. A reserva de localidades debe realizarse a través da páxina web municipal. De quedar localidades dispoñibles, poderán solicitarse na billeteira do auditorio. s. souto

11 dic 2021 / 15:10
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.