Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Rianxo entregou os nove premios dunha campaña a prol do comercio local

RIANXO. O alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, e a tenente de alcalde, Carmen Figueira, entregaron este xoves os premios aos nove gañadores do concurso Miña Avoa, organizado a prol do comercio local. Un certame iniciado a finais de maio e que consistiu en atopar os tesouros ocultos en dez puntos de interese turístico do concello. Os 102 comercios adheridos á iniciativa facilitáronlle pistas ós clientes cos tiques de compra. Os gañadores son: Noelia e Cristina Ces Comojo, Abel Deira Lodeiro, Pilar Alcalde Varela, Paula Besada Waldomar, María e Maite Varela Sóñora, Breixo R. Escudero e Noel A. Galbán (este último atopou dous tesouros). Cada gañador recibiu un vale de cen euros para gastar nos locais participantes a través dunha App, e poderán fraccionar as compras. O Concello estima que na campaña concursaron case 200 persoas. S. Souto

22 jul 2021 / 17:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.