Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Rianxo festexará o ‘Orghullo’ con poemas e contacontos e tecendo bandeiras

Boiro. O auditorio de Rianxo acolle a exposición dos carteis participantes no I Concurso de Carteis Orghullo Rianxo. O Concello elaborou unha variada programación para celebrar o Día Internacional do Orgullo LGTBI, que comezará este martes 28 ca lectura dun manifesto e de extractos de poemas por parte dos asistentes ante o consistorio.

O sábado 2, colaborando ca Deputación da Coruña e a súa campaña Ser e sentir, retransmitirase por redes sociais unha charla na que a sexóloga Martina González Veiga abordará conceptos e termos relacionados coas diversidades sexo-afectivas así como a abordaxe do respecto e acompañamento ás diversidades dende o ámbito familiar e educativo.

Ese mesmo día, ás 19.00 horas na Praza de Padrón, en colaboración ca asociación Ondiñas Mainas, realizarase a xuntanza Tecendo con Orghullo, na que se confeccionarán pequenas bandeiras cas cores do colectivo LGTBI e haberá un obradorio infantil de marcapáxinas.

Ademais, durante toda esta semana a rapazada conta con diferentes contacontos. Este martes terá lugar o titulado Elas pintan moito (na Praza de Castelao, ás 19.30 horas); o do mércores, Contos vellos, novos finais, será en Asados tamén ás 19.30; e o do xoves, A vida é de corres! Unha educación alén do branco e negro, será no Liceo ás 12.30.

Pola súa banda, o Concello de Boiro entregaralle a emblemática bandeira multicor LGTBI a todas as entidades locais que a soliciten. s. s.

27 jun 2022 / 13:46
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.