Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ribeira abona as axudas do PEL-Reactiva, que repartirá 596.000 euros entre 281 beneficiarios

Rematado o prazo de xustificación e emitida a proposta de resolución definitiva, o Concello de Ribeira informa de que este semana se efectuou o abono das axudas para a reactivación económica e social de Ribeira (PEL-Reactiva), dotadas de 596.000 euros cofinanciados por Deputación e Concello co obxectivo de aportar liquidez a persoas autónomas e microempresas na procura de contrarrestar os efectos do COVID.

Hai en total 281 beneficiarios, distribuídos en tres grupos: os que se visen afectados polo peche en virtude do disposto no RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declaraba o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID, e a súa modificación aprobada no RD 465/2020, do 17 de marzo; os que non se visen afectados polo peche, pero cuxa facturación no segundo trimestre fiscal de 2020 se vira reducida, polo menos, nun 75 % en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma; e aqueles que se viran na obriga de acollerse a un ERTE nos termos establecidos no RD 465/2020, do 17 de marzo.

A relación de beneficiarios e beneficiarias (nalgún caso o pago está condicionado a aportación dalgún documento pendente) pode ser consultado na páxina web municipal.

06 may 2021 / 15:03
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.