Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ribeira abriu o prazo do curso para preparar o acceso ao conservatorio

RIBEIRA. O Concello de Ribeira abriu o prazo de inscrición para o obradoiro de preparación para o ingreso no conservatorio de música municipal, dirixido a nenos e nenas de 8 a 14 anos que queiran facer a proba de acceso para cursar estudos oficiais. Trátase de formación gratuíta ca que, durante catro semanas, se traballarán os contidos que van integrar a proba de acceso ó primeiro curso do grao elemental (proba de carácter obrigatorio, e que terá lugar na segunda quincena de xuño).

Ademais, os nenos e nenas poderán, mediante a proxección de vídeos feitos polo profesorado, ter o primeiro contacto coas distintas especialidades que se imparten. Hai un máximo de 12 prazas e un mínimo de 6 inscritos por grupo para que se poida levar a cabo. As inscricións faranse co formulario que se pode descargar da páxina web do Concello. S. S.

20 abr 2021 / 16:49
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.