Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ribeira asina o protocolo da súa Axenda Urbana

RIBEIRA. O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, asinou o protocolo de colaboración entre o Concello e o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana que permitirá impulsar e desenvolver a Axenda Urbana deste municipio, unha folla de ruta que definirá os proxectos que serán motor de transformación da cidade e do concello ao longo desta década baixo criterios de desenvolvemento sostible e de mellora da calidade de vida dos cidadáns. O acto, no que participaron a ministra, Raquel Sánchez, e David Lucas, secretario xeral de Axenda Urbana e Vivenda, refrenda a intensa colaboración desenvolvida ao longo de 2022 por ambas as institucións, que cristalizou na elaboración dun Plan de Acción Local que servirá como folla de ruta ata 2030 para mellorar a calidade de vida, o desenvolvemento económico e o medio ambiente. Lalín e Ribeira son os únicos municipios galegos do seu rango de poboación con este instrumento de planificación. S. S.

08 sep 2022 / 16:57
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.